Rematou o curso do que xa aborrecía falar neste blog (non sen pena, todo hai que dicilo) e do que tamén se fixeron eco na #FCSC.

Hoxe é o día no que publico a terceira presentación e me despido formalmente na rede dos alumnos e alumnas que participaron, e dos que (tamén é certo) aprendín cousas ben interesantes.

O último día tratamos o tema máis controvertido: redes sociais e política, e do que todos puidemos opinar (con máis ou menos acerto).

As miñas presentacións (lite edition) podedes velas no meu SlideShare, e as de Sandra Mosquera no seu blog. Esperamos que sexan de interese.