XGN. Non vos perdades…

xgn

… as charlas e a sesión de Startup. Sei que son un pesadiño estes días con este tema, pero podedes atopar información moi interesante neste evento. Especialmente relevantes me parecen os relatorios de Javier Megías, Leopoldo Abadía, Enrique Dans e Rubén Bastón, así que… animádevos a participar! Vémonos dende hoxe no Pazo de Congresos de […]

A posesión máis importante: o nome

Seguro que algúns de vós xa sabedes de que estou a falar. Aqueles que teñades un nome composto sobre todo. A alguén non lle molesta que se equivoquen no seu nome? Incluso a aqueles que non lles gusta demasiado o seu nome (concepto que me custa entender, fago fincapé).

Hardware “capado”

A palabra capar, tan utilizada no mundo animal (a equivalente humana sería castrar) tamén se utiliza no ámbito das TIC. Acostumamos oír que un ordenador ten os portos “capados” para evitar descargas como e-mule ou torrents, ou os posuidores dun iPhone sabemos que o porto BlueTooth está “capado” para non poder enviar nin recibir archivos […]

Aplicacións para o control de peso en iOS

Con iso do ano novo, vida nova, apuntarse ao ximnasio e diversos propósitos para o novo ano… propóñovos unhas aplicacións para o voso iPhone co gallo de controlar o peso, os alimentos que inxerimos e diferentes factores.

Tuenti utulizará o e-DNI. Será o futuro no Social Media?

Segundo informaban esta semana dende Tuenti, a coñecida rede social española utilizará o DNI electrónico para poder verificar a identidade dos clientes de prepago do seu operador móvil virtual (OMV) Tu. Segundo contan no seu blogue, non precisa de instalación de drivers (por fin! En mac é un chisco complexo!) e teñen previsto ampliar o […]

Molesto “pop up” con safari para OSX Lion

popup

(esta entrada tamén está dispoñible na mac-eira ) Finalmente, actualicei a OSX Lion. Quería comprobar se a nova versión de Mail era tan potente como se falaba na rede, pero atopeime con algún problemiña non esperado que se resistía a resolverse…

Liberar iPhone 4 con Movistar (e permanencia)

Xa pasou un ano dende que escribira o artigo sobre cómo liberar un iPhone 3GS con movistar e rematada a permanencia. Liberar o iPhone 4 con Movistar tendo permanencia é posible, sempre e cando teñades cumpridos 12 ciclos de facturación. De feito, eu mesmo teño permanencia ata xullo deste ano, e liberáronme o terminal sen […]

Ano novo, deseño novo

Tiña pendente un redeseño da web, sobre todo agora que a miña condición laboral cambiou un chisco, así que aproveito os propósitos de ano novo para presentarvos o novo deseño da web, onde o blogue ten un peso fundamental. Mellor dito, todo o peso. Se queredes consultar algo da web antiga (que tamén estará accesible […]

Exportar datos de contacto dos teus amigos en Facebook

Facebook é unha plataforma bastante opaca neste sentido. Nunca nos acostumaremos aos contínuos cambios de presentación da información, de reconfiguración sen o noso permiso das opcións de privacidade e do xeito no que filtra, aínda sen nós querelo, toda a información na nosa liña do tempo. Se os contactos son nosos… por qué facebook non […]

Unha mala práctica en twitter

Disque a única regra do tuíter que… non ten regras. No entanto, iso non quere dicir que non haxa algunhas cousas que determinados usuarios chegan a considerar molestas. Hoxe vou a falar dunha costume que non me parece axeitada neste espazo: Facer follow e unfollow a un mesmo usuario varias veces seguidas nun curto espazo […]