xabirolanbajaO pasado día 3 de decembro estiven na facultade que me pariu dando unha charla sobre redes sociais (go to: previous post). Non entro a valorala porque Jorge Cesantes xa o fixo como xornalista que é (e autor da fotografía que acompaña este texto), baixo este artigo “De lo que supone un viral al NO VA Galicia“.

Simplemente matizar a primeira frase que me atribúe e que considero incompleta:

“Non sei se Facebook e Twitter seguirán abertos en 2020?

e que debería rematar así:

“do que sí estou seguro é que será algunha outra ferramenta quen lle tomará o relevo e que nos permitirá comunicarnos entre nós con outras funcionalidades ou as mesmas, melloradas”

Déixovos coa presentación, se lle queredes botar unha ollada (está colgada no meu perfil en Slideshare)

Campañas de Comunicación low cost en redes sociais de Xabier Rolán