S03 E10 Volvo a Windows 13 anos despois
Volver a ter un equipo con Windows ben merece a pena contalo! Que che conto neste episodio? Que me levou a voltar a windows Con que equipo volvín a Windows Que uso lle vou a dar Que me gusta deste regreso Que non me gusta deste regreso, ou a qué me tiña acostumado macos Lembra […]
S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] “WordPress na Universidade de Vigo”, con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar
O pasado mércores 13 achegueime aos micrófonos da organización da WordCamp Pontevedra (23-25 de setembro) para charlar con Wajari Velásquez, Sabela Muñiz e Ana Gavilán, e falarmos sobre a introdución de WordPress na Universidade. Un pouco para derrubar os mitos do carácter inamobible desta institución que defendo (e que me dá de comer). Venda de […]
S03 E12 Especial “Wi-Tip” con @dorfun: “Black to school”
Porque xa é tarde para falar da volta ao cole, pero aínda é cedo para falar do Black Friday. Resolvemos o concurso que tiñamos pendente, aínda que o produto que sorteamos pechou o seu servizo (algo totalmente involuntario pola nosa parte!). Amador recoméndavos un calendario de advento de RaspBerry, e Xabier recoméndavos a triloxía de […]
S03 E13 Witip con @dorfun e Bernabé Carrillo (@bernacee). “Benvidas á televisión, plataformas de streaming”
Fantástico, fantástico, fantástico programa con Bernabé Carrillo, que nos contou o “inside job” dende as trincheiras de A3Player e a súa visión sobre a situación actual da súa profesión e da relación que temos coas canles de televisión, plataformas de streaming e algunhas cousas máis. A recomendación da semana, como era obvio, pasa por A3Player, […]
S03 E14 Witip con @dorfun: “Feliz cistalxia de 2023”. Unha ucronía para rematar o ano
Pechamos o ano como so a Amador e Xabi lles gusta: especulando e cuñadeando. No canto de falar do que nos deparará o 2023 no eido da tecnoloxía, conversamos sobre o que foi o ano 2023, como se estivesemos no Nadal de 2023. Admitimos novas elucubracións, desvaríos tecnolóxicos. Que non sabes o que é a […]
S04 E1 Witip con @dorfun: vaIA vaIA coas intelixencias artificiais!
Pois Amador e Xabi volven ás andadas. Primeiro capítulo de 2023. Non era sen tempo, pero quedou xeitoso. Velaquí os recursos dos que falamos ao longo do episodio Samuel Gil: #153 ¿Cuándo nos va a quitar el empleo la inteligencia artificial? Stephen Wolfram: What Is ChatGPT Doing … and Why Does It Work? TinyWOW (en […]
S04 E2 Probando xeradores de texto sintético (ChatGPT, Claude) con Poe
Mini capítulo para falar de www.poe.com e que vos permite facer. Se queres suscribirte ao boletín, estou en https://xabierrolan.substack.com/ — Support this podcast: https://podcasters.spotify.com/pod/show/xabierrolan/support
SO4 E3 Volta ao cole, pero con menos cousas.
Hoxe, en ‘Zona WiFi Fuera de Cobertura’, damos a benvida á ‘Volta ao Cole Tecnolóxica’. Pero, en lugar de engadir máis dispositivos ao noso arsenal, falaremos de por que decidín desfacerme de algúns deles. ¡Menos é máis!” — Support this podcast: https://podcasters.spotify.com/pod/show/xabierrolan/support
WordCamp Pontevedra 2023. A miña derradeira WordCamp?

Tomo o testemuño e continúo coa tradición: unha WordCamp non remata ata que non escribiches sobre ela. Cinco anos pasaron dende a miña primeira experiencia como participante dunha wordcamp. A WordCamp Pontevedra. Corría o ano 2018, Alexandre tiña un aniño e medio e case que era o primeiro evento ao que ía so dende o […]
As últimas novas da Zona Wifi (vol. 57)
Unha das primeiras cousas que aprendín cando estudaba na universidade, e que permanece inmutable, é que o concepto “caro” ou “barato” está na mente do consumidor, e non no prezo do produto. Pode parecer unha parvada, pero cando comprei o meu primeiro macbook – que me custou 2000 euros en 2008 – pareceume “caro”. Cando […]