As novas da Zona Wifi (vol. 31)

Internet, o medio máis local. Vaia experimento para demostrar o localismo da rede. Os vídeos suxeridos en TikTok a habitantes de Rusia e a habitantes de Ucraína. Ao final, era máis aldea que global. E seguimos con redes sociais. Un beixiño (irónico) para os que compartides as fotos dos pequerrechos en redes sociais. Just remember: […]

As novas da Zona Wifi (vol. 32)

Pois si, como teño varias cousiñas académicas para comezar, falemos do interesante e do bizarrismo académico. Con estas dúas novas. Academiña Non sei qué me parece máis fascinante: que varios científicos ensinen cal é a mellor maneira de separar unha galleta OREO ou que sexa parte dun estudo científico publicado nun journal académico. Despois disto, […]

As novas da Zona Wifi (vol. 33)

Cando digo que este semestre é terrible na Universidade, non minto. Rematan as aulas, si, e ao tempo, facemos encaixe para os exames, correccións de traballos, TFG e TFM, e a planificación do vindeiro curso académico. E se estás nalgún tipo de cargo de xestión, o traballo duplícase! Non é unha queixa, teño o mellor […]

As novas da Zona Wifi (vol. 30)

Creo que non recibiches a newsletter da semana pasada. Non sei que pasou. En fin, non me salto a 29, estaba aquí. XÉNERO E INTERNET Gustoume moito este artigo “Majos en persona, monstruos en Internet: ¿por qué la gente se vuelve mala en redes sociales” porque aborda de maneira moi divulgativa un concepto co que […]

As novas da Zona Wifi (vol. 29)

Comezo esta semana cunha nova ben curiosa: nos países con maior índice felicidade nacional, os cidadáns que perciben a presión social para ser felices informan dun menor benestar que os dos países con menor felicidade nacional (paper académico aquí). Básicamente, que se o teu país é feliz, a presión por ser feliz é maior, e […]

Convirte saltos de parágrafo en saltos de liña

Igual ti nunca tiveches que facer esta operación, converter este texto Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco neste outro Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut […]

O día que instagram me abandonou

person holding black samsung android smartphone

Foi un cúmulo de catastróficas casualidades, pero o certo é que non fun eu quen abandonou a Instagram, senón que el me abandonou a min. Non é unha plataforma na que me sinta cómodo; hai moitas cousas que non me gustan dela: as fantásticas vidas dos demais, o storytelling que acompañan as proxeccións de inseguridades […]

As novas da Zona Wifi (Vol. 11)

Xa cheguei ao meu número fetiche. Seguro que a ti tamén che pasa. Algo haberá polo que sintas unha atracción expecial, inexplicable, que te reconforta, que te abriga e te protexe. Para min é o número 11. Non sei por qué. Tampouco é que ese número me ligara a algo en particular. Simplemente eu e […]