Monotema, si.
Esta semana publicáronnos un capítulo de libro do que me sinto especialmente fachendoso: Use of Generative AIs in the Digital Communication and Marketing Sector in Spain, na editorial Springer. Un traballo que abordou os primeiros estadios de uso de ChatGPT e outras ferramentas de creación de contido sintético aló por febreiro-marzo de 2023.
Preguntamos pola súa utilidade destas ferramentas en relación ao seu traballo que se desenvolve en axencias de comunicación e publicidade, e estes foron os pareceres: un 42% sinalan que o cambiará todo na súa profesión.
Queda claro que xa se intuía unha tecnoloxía – que a día de hoxe sigo considerando – disruptiva.
Os usos que se daban nas ferramentas son os que xa están estandarizados hoxe en día, pero non por iso é menos importante.
Drafting text
Elaborating on the first versions to work on
Ideation of content
Expanding content
Deepening content
Completing texts
Finalizo este tema co fin do propio capítulo: a pesar das opinións diverxentes sobre o uso destas ferramentas, é importante recoñecer o seu potencial e seguir explorando o seu uso no campo da comunicación e o marketing dixital. Coa constante mellora das tecnoloxías de intelixencia artificial xerativa e unha maior conciencia das súas posibles limitacións e riscos, estas ferramentas poden ser un activo para axudar ás empresas a destacar nun mercado en liña cada vez máis competitivo.
OUTRAS COUSAS (que non todo é IA)!
Xestionar as ventás en mac sempre foi un incordio. Hai que concederlle a windows as bondades que ten a este respecto. Sigo sen chegar a ter unhas “fancy zones”, pero 1piece está a converterse nunha app imprescindible para mac.
Nos últimos meses estou a preparar moito material para cursos en liña. A verdade é que gravar videotitoriais sempre me deu moita, moita preguiza, pero con Loom está a volverse máis sinxelo. Tamén é certo que estou a empregar o plan para profes, que é un chisco máis completo.
Grava o monitor – aplicación – sección da pantalla que queiras, mete a webcam nunha esquiniña (se queres!), carga automáticamente os vídeos na súa web, crea transcricións dos vídeos, permite inserir os vídeos en plataformas de terceiros e inclúe reaccións sobre o propio material… unha aplicación de obrigado uso, a verdade, se queres facer videotitoriais. E tamén para windows.
Nada máis. Feliz domingo, que hai tempo que non cho deseño.