Na véspera do 8M vin unha oferta de emprego curiosa. Non pola oferta en si, senón polo comentario.

Buscamos Head of IT en el equipo en el que trabajo. Estamos desarrollando un proyecto muy chulo

¡Venirse! (Si fuera una mujer la que se viniera a trabajar conmigo, ya me haría súper feliz) Cualquier duda, no dudéis en escribirme DM

Nun grupo de mensaxería no que estou, unha microcomunidade sobre intereses tecnolóxicos, a compartición desta oferta xerou un debate que incluiu os seguintes comentarios (anonimizados, non darei máis datos, que tampouco foi un delicto)

(persoa 1) “Es legal decir que prefieres una mujer? Pregunta seria”

(persoa 2)“yo iría aún más lejos, es legal cuestionar que se prefiera una mujer primero”

(persoa 1)“Ni idea. Tampoco creo que el mensaje sea malo, pero seguro que algún picapleitos podría sacarle punta al tema”

(persoa 2)“le auguro una vida dificil a ese abogado en estos tiempos que vivimos”

(persoa 3)“Lo discriminatorio sería decir que solo buscan una muier (o un hombre, pero eso hace más ruido)para ese puesto”

(persoa 4)“De hecho eso ni es el anuncio oficial”

As persoas 1 e 2 son machistas. E posiblemente non o saiban (polo menos a persoa 1. A persoa 2 intúo que o pode saber. Nunca vos direi quen son nin onde se produxo a conversa, pero fíxome reflexionar bastante sobre varias cuestións:

Por qué calei a boca? Porque non me sinto cómodo falando nese grupo, e porque entendo que o 90% dos integrantes son homes. Debería ter metido baza, pero dame unha pereza EXTREMA meterme en leas con descoñecidos (que non leas alleas, esta lea non me é allea). Son responsable do machismo? Pois lamentablemente si. E como pai de dous nenOs, máis aínda. Como criar en igualdade, sobre todo á metade da poboación que asoballa á outra metade?

Que subxace de fondo? A machosfera, colegas. A machosfera está presente nas nosas vidas. E moitas persoas son machosfera aínda que non o saiban. Subxace sentirse ameazado por outra persoa cuxo único pecado é non ter o mesmo sexo ou xénero (outra lea na que non me vou a meter) ca ti. Subxaxe unha perda do status quo porque a tarta que antes se repartía entre “N persoas”, agora repártese entre “2xN persoas”.

Se queres saber máis sobre violencias dixitais, e machosfera, aquí un artigo coa miña compi, colega, parella, luz da miña vida, chámalle como queiras.

Moito camiño recorrido, si, pero moito máis por recorrer. 8M son todos os días do ano, aínda que estas cousas doen máis esta semana.

Ale, turra feminista parcialmente OFF

Podcast

Esta semana Amador e un servidor retomamos o podcasting co capítulo “S04 E1 Witip con @dorfun: vaIA vaIA coas intelixencias artificiais!” no que nos sumamos á ola das intelixencias artificiais, iso que leva ChatGPT como punta de lanza. O caso é que lle queremos dar algo máis de vida a este podcast e para iso abrimos ao público o noso selecto grupo de Telegram das cousas que nos pasan pola cabeza.

A propósito das intelixencias artificiais, gustoume a reflexión de Angela Rollins and Ryan Law: “The Content Cyborg: How to Use AI Writing Tools in Content Marketing poñendo nomes ao volume de inputs de IA vs IN (intelixencia natural¿?) ou humana.

Apps interesantes

Esta semana descubrín a Jordi Bruin e as súas marabillosas apps para mac. Faltoume tempo para baixar varias delas, mesmo a versión pro de MacWhisper que fai unhas transcricións de audio impresionantes, mesmo en galego.

No podcast recomendei tinywow, unha web cun conxunto de servizos de balde e sen necesidade de rexistro para facer moitas cousas pequenas como conversión de arquivos (texto, imaxe, vídeo), traballar con documentos pdf… e tamén con xeradores de texto sintético. Paga a pena que metas esta web nos teus favoritos, en serio.

Para pensar

Non me canso de lembrar isto: “Los expertos recuerdan que los pequeños tienen derecho a la propia imagen, que es propiedad sólo de los niños, aunque la gestión corresponda a los progenitores”. Se tes unha nena/o que aparece máis no teu Instagram ca ti, non veñas presumindo de überpai ou übernai.