…e pedinlle a un asistente virtual que introducise este boletín.
No mundo en constante evolución da tecnoloxía, ás veces é difícil estar ao tanto das últimas tendencias e avances. Como periodista de tecnoloxía, é o meu traballo estar ao tanto destes cambios e informar sobre eles dunha forma accesible e informativa para o público en xeral.
Nos próximos números de “as zonas da zona wifi”, o noso foco estará na intersección da tecnoloxía e a comunicación. Exploraremos temas como os derradeiros avances na tecnoloxía 5G, o impacto das redes sociais na nosa vida cotiá, e como a realidade virtual está a transformar a forma na que nos comunicamos. O noso obxectivo é proporcionarlles aos nosos lectores unha comprensión máis profunda de como a tecnoloxía está a dar forma á maneira na que nos conectamos co mundo que nos rodea.
Como vedes, o resultado é un pouco reguleras. A verdade é que teño sentimentos encontrados con esta tecnoloxía, pero porque as espectactivas son moi elevadas. Non pretendo que me substitúa no traballo, pero si que me quite paladas de traballo innecesario, rutinarios ou repetitivo.
A miña primeira integración en clase, máis aló do “hallucinate” inicial (si, como flipa Bing cando lle tiras do dedo) foi moi positiva, pero é preciso centrarse no que verdadeiramente imprta: cómo preguntar e pedirlle que se informe e actúe. Ao final, iso do “prompting” está a resultar máis necesario do habitual.
Algúns usos interesantes que lle estou atopando son:
Brainstorming para ideas. Enfrontarse a un folio en branco e máis sinxelo con esta ferramenta. Axuda moito a arrancar.
Bosquexo de charlas – sesións de aula. Se lle pides ao asistente que se poña en modo “profesor” é capaz de plantear estructuras de clase interesantes.
Asistente nas respostas por correo electrónico. Ben, para toda comunicación asíncrona. Axuda moito cando teño que explicar conceptos ou dar orientacións vía correo electrónico. Sei que hai fórmulas de ligar o correo con estes asistentes, pero de momento prefiro compartimentar todo.
Por suposto, as ilustracións deste boletín tamén van por esta liña… pero empregando Stable Diffusion, aínda que non sei preguntarlle moi ben como crear cousas. Mirade o que me fai cando lle digo “a full proffesor using bots in university classes , Anime, Pastel Art, Cinematic, Beautiful Lighting, Happy”
Autobombo
Esta semana publicouse unha nova sobre un estudo que fixemos hai uns meses e que tivo certo recorrido. (Seica) saín en Telecinco, e tamén na Radio Galega.
O estudo “Toxicidade e violencias machistas en Instagram. Incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo” ten a súa páxina web e principais resultados
E agora, algunhas cousas útiles que probei ou vin esta semana
Utilizo moito Notion, sobre todo para a docencia (hai un plan premium para profes que de momento sae gratis), e unha cousa que botaba de menos é a integración con formularios externos. En xeral, se precisas que alguén cubra un formulario… non é sinxelo. Ata que coñezín https://tally.so/ que é unha marabilla, tanto polo fácil de usar que é como para integrelo en ferramentas de terceiros. E para mostra, un formulario para que me digas que che parece este boletín, así en privado. https://tally.so/r/31XVRQ
Lectura obrigatoria para reflexionar sobre o modelo de negocio dos asistentes de texto vs búsquedas en navegador.
Google ingresa 1,61 centavos por cada procura, e cústalle 1,06 céntimos cada unha dela. Hai unha ganancia de medio céntimo que se esvaecería coa implementación directa do seu modelo de ChatGPT.
Videoconferencias con https://video.spike.chat/ Videoconferencia para grupos pequenos con compartición de pantalla integrada. Baseada na web. Non é necesario rexistrarse. Sen chat de texto. 100% gratuíta.
E, para pechar a semana, unha boa nova para os castelán-falantes: “sólo” volverá a ter til. Dío a vosa Real Academia. Eu alégrome especialmente, fun un negacionista da eliminación dese til.
Feliz, feliz, feliz domingo. Fresquiño, pero agarimoso. Coma unha manta recén sacada do armario. Como a caricia dun beixo na rúa.