Esta semana vai un boletín pequerrecho, con algunhas cousas insteresantes que vin esta semana.

Esta web https://www.converttobananas.com permite converter calquera medida en plátanos. A ver, é unha clara coña (cun deseño moi coidado), pero tampouco está moi lonxe a cando os medios de comunicación miden as alturas en “torres Eiffel”, as áreas en “campos de fútbol” ou as distancias en “calles de Madrid”.

Unha banana mide 17,780 cm, por certo. E a torre Eiffel, 1.823 bananas.

Esto (que non probei) paréceme moi, moi curioso: un sistema que aproveita un fallo en YouTube para almacenar calquera tipo de arquivo. E como YouTube non ten límites, pois almacenamento infinito.

Esta web permite visualizar nun mapa calquera entrada da Wikipedia. Xera unha visualización gráfica do contido textual que contén unha entrada da Wikipedia. Non me parei a vela en profundidade, pero o funcionamento parece sinxelo: colle os elementos H dun texto da wikipedia, inserindo imaxes asociadas na entrada, e ponos ao servizo da presentación. Ten un certo aire a Prezi (lembrades? que felices anos ‘10!!!). Velaquí a de DON LUIS SUAREZ MIRAMONTES

Feliz domingo!