Esta semana descarguei o calendario de marketing de Qualifio (comentario non patrocinado) que axuda a termos unha previsión axeitada para a creación de contidos en medios sociais. Sabías que hoxe é o Ano Novo Chinés? E sabías que hoxe é San Vicente? (Parabéns a todos os Vicentes!) En realidade, San Vicente é para min máis importante có Ano Novo Chinés, pero por un motivo concreto: nostalxia.
Nostalxia das festas do patrón do meu pobo, misa de unha, sacar ao Santo e o cheiro da pólvora das bombas de palenque. O frío acariciando a miña cara e a agradable sensación de estrear unha prenda de roupa nova.
Así era a miña vida infanto-adolescente nun pobo de trinta habitantes.
Volvendo ao calendario, e á importancia de anticipar as cousas: ter un calendario con días, festividades, curiosidades, efemérides… é importantísimo para poder traballar con previsión en redes sociais. Sumarte a unha ola como Casio ou Renault (ben, neste caso foi un tsunami) sucede moi poucas veces, e tampouco é a mellor das estratexias porque resulta arriscada.
A modern work office, whit white table between 2 white sofas, two social media managers working with a calendar, spectacular views, 8k resolution, , Trippy © StableBee
Ter un calendario editorial tamén che permite medir con tempo os teus valores e traballar o territorio de comunicación da túa marca. Póñovos un exemplo: Nike e Decathlon adícanse ao deporte, pero… se tiveses que pensar nunha marca deportiva de competición, en cal pensas? E se pensas en deporte para toda a familia, cal escolles?
Aproveito este tema para lanzarvos unha enquisa. Algunhas persoas comentástesme que estaría ben facer este boletín en castelán para chegar a máis audiencia. Tampouco sei se quero que así sexa (pero si que compartades o boletín se vos pareceu interesante!) Así que o voso boto sincero será tido en conta
Nada máis por hoxe. Para o seguinte boletín si que teño un temazo. literalmente. Feliz domingo.