Ogallá teñas un fantástico 2023. Ogallá poñas da túa parte todo o teu empeño por que así sexa.

No meu caso, sei que nunca será tan bo coma 2022, un ano no que ata as malas novas tiveron a súa lectura positiva.

Thanks for reading A newsletter de Xabier Rolán! Subscribe for free to receive new posts and support my work.

Pero postos a pedir… a 2023 pídolle que, cando vai a tomar algo a un bar, non me toque a mesa que baila para todos os lados (co fácil que é colocar tres pés, carallo!).

No tecnolóxico, a 2023 pídolle aprender tanto como aprendín no 2022, e o tempo suficiente para poder seguir coas miñas lerias.

Aquí van un par de cousiñas para que perdades o tempo este domingo (ou luns, que igual estades apurando os últimos días de vacacións)

Un xerador de ritmos musicais baseados en descricións de textos. Non é unha marabilla, pero cumpre co que promete. Intentei algo “lo gallego” pero non entende o que é unha gaita na praza do Obradoiro.

Unha web para animar os debuxos en papel. Probeino este Nadal cun debuxo que fixo o meu pequeno e pasámolo en grande! Velaquí o resultado.

E nada máis. Non había novas esta semana, que estou coa panza arriba coma un oso.

Feliz domingo. A vivir!

Thanks for reading A newsletter de Xabier Rolán! Subscribe for free to receive new posts and support my work.