Chegou o momento de pausar este boletín. Non por falta de ganas. Non por falta de temas. Non por falta de tempo.
Chegou o momento de pausar este boletín porque preciso empregar todos os recursos dispoñibles noutras cuestións que me preocupan de cara aos vindeiros meses.
Pausa. Que non punto e final.
Erase and rewind. Foi a primeira canción que descarguei en internet, haberá xa uns 23 anos. Dende Napster a Spotify, moito mudaron as cousas.
As últimas novas, que non as derradeiras.
Boto a vista atrás e, logo dun ano, foron 38 edicións. Nin tan mal, tendo en conta que estimaba en 20 as edicións que podería manter sen preguizar, procrastinar ou marear a perdiz.
Ben, basta xa de sentimentalismos. Aquí van as achegas que me pareceron interesantes esta semana.
Para pasar un rato agradable en internet. unha recompilación de ata vinte servizos web interesantes, curiosos e mesmo algún útil para pasar o rato.
En particular, creo que este xerador de redes visibles de papers conectados é xenial: Connected Papers. Por certo (como fío os temas!) que lle pediron a unha intelixencia artificial que lle redactase un paper e despois enviárono a unha revista para a súa revisión por pares.
Unha intelixencia artificial deseña un sistema de redistribución de riqueza que resulta ser máis igualitario que o deseñado por humanos. Eu tería titulado “unha intelixencia artificial socialista”, tería sido máis gracioso. Agora en serio, paga a pena ver o experimento . Aquí o paper.
Para os yonkis da formación, cursos gratis e cascoporro.
Como xa ule tamén a (necesarias) vacacións, aquí vai unha lectura máis que necesaria: “La tiranía de la vida eficiente: ¿alguien es capaz de no hacer nada?”. Estupenda para recuperar o valor e a importancia do “tempo perdido” ou os “tempos mortos”. Como viaxar en transporte público sen ler nin sacar o móbil. Ou parar, de camiño ao traballo, e sentar nun dos bancos da illa das esculturas. E respirar. E o mundo xira, todo segue, pero a ti dáche igual.
Feliz verán.
Apoia o que fago
É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!
E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti. Seguiremos en contacto nun futuro próximo!