Tralo verán, volta a empezar (e custa!)

Pois xa rematou o verán (que o diría estes días, eh?).Moito ghelipollas (Bernardino da Lonia, sic) loubando en Linkedin a volta ao traballo. Nada que obxectar a quen lle gusta o seu traballo, pero se prefires estar no traballo con respecto ás vacacións, pois tes un pequeno problema. Iso é así.

Velaquí van algunhas lecturas do mes de agosto grades para outro momento (normalmente, para cando esté diante do ordenador) ou que me fixeron cavilar un pouco.

Extensións para mellorar a navegación con Chrome. Para quen lle sexa útil. Eu teño desterrado a este navegador (no mac traga ram coma eu churrasco). Se non vos gusta Chrome, dádelle unha oportunidade a Opera, que ten un VPN integrado.

Mira ti, as ligazóns na web eran azuis porque así o foron en 1993. Despois, seguiron sendo así por tradición. Aínda este ano mo preguntaron na clase, xa teño resposta para a pregunta (non me molesta responder “non o sei”, moléstame non sabelo porque despois quedo eu tamén coa dúbida)

Morren dez mil mulleres ao ano en accidentes porque os test de seguridade non as teñen en conta. O titular é brusco, pero a explicación (para o mercado americano) é clara. Podes lelo aquí.

Levamos un aniño de apps para rastrexar a Covid-19… e os resultados? En USA, ou España, MALFATAL. En UK mellor, pero claro, de nada serve a tecnoloxía se A) non a instalas, B) non reportas os casos positivos (isto é o máis grave). Eu xa a desinstaléis do Móbil, consumía un 10% da batería.

China, “ese país que todo mal” impón un límite de 3h á semana a videoxogos a menores de 18 anos. Teño sentimentos encontrados con esta nova, non sei, se é boa ou mala. Así como me parece unha medida positiva para os menores, tampouco teño claro se a privación será efectiva (e como a executarán… non todos os videoxogos son en liña, e mesmo en liña, non é fácil limitalo).

Unha interesante suite de ofimática para probar, onlyoffice 6.4. Porque non todo o mundo ten a subscrición a Office 365.

Esta web para facer mesturas de cancións de Youtube e Spotify é A MELLOR WEB QUE PODERÁS CONSULTAR ESTE MES. Aquí vai un exemplo de mestura, bizarra, pero interesante.

Cousas da publicidade

España mételle man á publicidade das apostas online e xogos de azar. Un resultado descafeinado con respecto á proposta orixinal, pero menos era nada. Campaban ás súas anchas. Para min falta unha restrición física: limitación de apertara de locais a menos de 200 metros dunha área de xogos infantil, ao máis puro estilo lei anti-tabaco. Enfermidades do século XXI.

Mundo Apple.

Seica se cambias a rexión a Francia nos iphones máis antigos, van mellor. Isto débese ás leas e multas por obsolescencia programada, pero ollo, que se cambias á rexión de Francia, a app store será a francesa! Non che afectará á lingua. Seguirás sen poder configurar o trebello en galego.

Atentas que este outono ven cargadiño de produtos de apple.

Por certo, aproveitei este verán para simplificar e optimizar os meu ecosistema Apple: vendín o macbook pro de 2019 e fíxenlle un lavado de cara ao macbook pro de 2013, remozado para unha (re)nova(da) vida. Aínda me parece incrible que despois de 8 anos siga a funcionar de forma tan noble. Cando morra, será despedido con honores (se queredes máis info sobre o que lle fixen, pay me a coffee ou reunión por privado).

Xa podedes probar a beta de Whatsapp para mac. Agora permitirán apps independentes do móbil (xa eran horas, eh?).

Vodafone Pass vulnera o principio de neutralidade da rede. Xa o di ata a xustiza europea. Outro do grande cabalo de batalla dos nosos días, moito me esforzo nas aulas por explicalo e que se entenda a súa importancia (non sempre o consigo).

Un feixe de alternativas open source para softwares moi populares, agrupado por categorías.

Caixón de-sastre

Non sei se é clickbait, tedes algunha referencia de persoas que mercan nas subastas online do BOE? Aquí explican como se fai.

Motivos para beber auga, mesmo sen sede. Recén unido ao grupo dos “eu tamén bebo máis de catro litros ao día”, subscribo todos os motivos, pero tamén podería citar algúns inconvenientes.

Esta reflexión en Jotdown sobre cultura culta, cultura de masas e ese punto intermedio no que vive o “orgullo friqui” deume moito que pensar.

E ata aquí, o que puiden facer, nesta semana durísima de volta á realidade de forma intermitente. Parents will understand.

Feliz domingo, feliz semana, feliz todo!