Xabier Rolán

Creo que non recibiches a newsletter da semana pasada. Non sei que pasou. En fin, non me salto a 29, estaba aquí.

XÉNERO E INTERNET

Gustoume moito este artigo “Majos en persona, monstruos en Internet: ¿por qué la gente se vuelve mala en redes sociales” porque aborda de maneira moi divulgativa un concepto co que veño traballando dende que reorientei parte da miña investigación a cuestións de xénero, o “efecto de desinhibición en liña” (Suler, 2004) que explica como a (falsa) sensación de anonimato nos impulsa a ser ghelipollas en redes sociais.

Non ten moito que ver co anterior, pero sigo con redes e violencia de xénero, e o perigoso que se está a volver a relativización e non percepción por parte dos máis novos destas condutas.

VIDEOXOGOS. Somos pencos. Pero moi pencos. Para min a proba é que no Mario Maker, cando deixas aos usuarios deseñar os niveis, son ben complicados. Este artigo recolle boa parte das axudas que nos brinda a máquina cando xogamos. Algunhas moi obvias, outras non tanto…

WINDOWS. Elimina a broza que trae de serie (aka bloatware) así.

MACOS: Hai un bug con vista previa e macos monterrei. Soluciónase así

Audiocousas

Esta web xa ten un tempiño, volvín a dar con ela. Un experimento de Google para compoñer pezas musicais. Simple, pero efectivo!

Cando lle queres enviar unha canción a alguén e non sabes que plataforma terá para escoitala? Pois esta web soluciona iso. Mira aquí, a primeira canción que descarguei de internet. Fará uns 23 anos, aproximadamente.

Cousas da publicidade

Unha industria milmillonaria que pende de tres palabras. Non o describiría tan ben nin tolo. Como “linktree”, o popular servizo para incluír múltiples ligazóns a través dunha única, valorado en mil millóns de dólares (un unicornio!) pode morrer o día que Miguel Montedeazucre decida que iso de “link na bio” xa non ten sentido en Instagram.

En Internet moitos negocios son tan, tan, tan dependentes do servizo ao que das soporte que te poden papar dun día para outro. Non sería a primeira vez, pero imaxinade todo o que levan construído nestes anos os de linktree se, de repente, Instagram di “bah, veña, os caption poden levar ligazóns clicables”. Ciao, linktree (e sucedáneos).

E ata aquí, que xa está ben por hoxe :) Feliz domingo!