Volume 20 para un 2020… na súa terceira temporada

Coas pilas cargadas, aquí comeza un novo ano (si, xa choveu), e unha edición máis desta newsletter semanal.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL. 2022 vai ser o ano da intelixencia artificial. Non é unha predicción arriscada, supoño, pero movementos como que o Goberno de España xa esté deseñando a axencia pública de algoritmos é un claro síntoma de que as cousas van por esta liña (se están as institucións públicas, xa non é cousa de early adopters

SMARTPHONES. As estatísticas mundiais de uso de smartphone son incribles. Unha de cada cinco horas do día pasámola diante da pantalla do smartphone. Un tercio do noso tempo, se atendemos ao tempo que estamos despertos. Non hai datos de España, pero superamos as tres horas con moito. O. meu iphone notifícame todas as semanas máis de dúas horas de uso diario, e xa me parece unha tolería (de moitísimo tempo!)

INTERNET RURAL. Se vives nunha zona rural, igual che interese a opción de internet satelital de Elon Musk, Starlink. En España custa 108€/mes, mailos 500€ do kit de instalación. Ademais de caro, eu persoalmente non estou moi de acordo con este tipo de proxectos polo impacto das megaconstelacións satelitais.

UNICORNIOS. Un interesante estudo que desmitifica os unicornios (esas empresas valoradas en máis de mil millóns de dólares). O “buyer persona” é un varón branco caucásico menor de 4o anos (quen contaba, eh?). E sobre o de que non fai falla título para trinfar. So o 4% dos fundadores de éxito non teñen título, e deses que non teñen título, o 50% saíron das 4 grandes universidade (MIT, Stanford, Harvard e UCLA Berkley).

REDES SOCIAIS – CHUNGO. Outro apunte tecnolóxico, do lado ciberpesimista. Este artigo do NYTimes que relata como se compra a influencia en Facebook e Twitter dende China.

COUSAS ÚTILES DE INTERNET

Un truco moi interesante para copiar e pegar textos de pdf. Seguro que a ti tamén che fai eses saltos de liña extraños… pois aquí vai a solución, é un simple buscar e substituír. Ai, canto me teria facilitado as cousas en algo que vos contarei nas vindeiras semanas!

Un par de cousiñas sobre vídeos: tyniwow, que permite facer edicións rápidas e sinxelas en vídeos como cambiar formatos e resolucións, e basha, un servizo que permite extraer transcricións de vídeos e audios. Paréceme especialmente relevante de cara á realización de análises de contido.

Academiña

Reducir a polución nas cidades diminúe as posibilidades de desenvolver demencia nas persoas maiores. Paréceme un grande avance atopar unha correlación entre a demencia e o dióxido de nitróxeno (coches diesel, simplificando moito). Outro motivo máis para botar os coches fóra das cidades. E outro motivo máis para alegrarme de vivir en Pontevedra.

Falando de “motivos máis”, velaquí unha función útil que engade Microsoft Edge e que fará aínda máis útil o seu navegador: xerar citas APA automáticamente. De momento so o fai con revistas seleccionadas, pero creo que é facil escalar esta funcionalidade a todo o catálogo de WOS e Scopus.

Mundo Apple

Teño ganas de probar Tinkesterllar, unha app para ipad que axuda a aprender a programar en python

Caixón de-sastre

Coñeces o “decrecemento”? Aínda que o meu ritmo de vida (mellor dito, consumo) non é o mellor exemplo para defender esta filosofía (igual escoitaches falar dela como decrecentismo), é unha alternativa plausible ao noso modo de vida actual. Lémbrame un documental que vin hai anos e que me fixo (e fai) pensar moito: “a farm for the future” (tamén o tes en castelán aquí)