“Os nenos de hoxe en día” igual é máis sesgo cognitivo que realidade…

Benvido/a á segunda edición desta newsletter. A verdade é que as 16 subscricións da newsletter inicial, aínda sen ser lanzada, parecéronme unha gran responsabilidade. Agardo estar á altura nas seguintes citas (a partires desta, claro).

Se estás pensando en montar a túa nube e ter a túa información (e copias de seguridade) por túa conta, velaquí tes unha información sobre os catro sistemas operativos máis empregados no mundo NAS. Eu son fan (en todos os sentidos) de Synology (previa recomendación de Dorfun). De feito, neste podcast falamos sobre isto, é algo longo, pero aborda moitos temas.

Este servizo que convirte a Twitter nunha rede social efémera paréceme marabilloso. Programas un borrado automático e a durmir! Podes, por exemplo, facer que se autoborren os tuits de máis de 30 días. Nun momento no que hai tantas persoas atrapadas polo seu pasado (sóltame, pasado!), esta ferramenta pode ser interesante.

Google Drive vai a romper as ligazóns dos contidos compartidos en setembro. A min aféctame bastante, xa que teño moito material compartido nos cursos nos que imparto docencia.

“os nenos de hoxe en día”… BUENO, BUENO, BUENO. Este artigo (paper) ofrece unha explicación a iso que nos consideramos que “os nenos de agora non son coma os de antes”. Ao parecer, ten quer ver cos nosos sesgos cognitivos.

E falando de nenos… os pais! “¿Tú también odias a los padres de los compañeros de colegio de tus hijos?” describe de xeito atinado as relacións sociais entre pais. Recoñézome como un pai asocial (cavilo moito neste tema, eh?) e deume moito que pensar esta frase: “La amistad es poética entre gente que no tiene hijos; entre padres, es sobre todo práctica.”. Se tes fillos en idade escolar, le este artigo, fai o favor.

Aliexpress xa non será tan choio, coa reforma do paquete IVE, que fará que se lle aplique un IVE a produtos de menos de 150€ (ata agora, aos produtos de fóra da UE de menos de 22€ non se lles aplicaba o IVE…).

Un novo buscador, feito por ex-googlers… de pago! Estarías disposto a pagar 5€/mes a que Neeva fose o teu buscador por defecto e que non vendese os teus datos ou xogase con eles? Non teño moi claro que chegue a funcionar o modelo de subscrición nos buscadores, pero oes, eu de modelos de negocio pouco sei!

Mundo Mac

Betas á vista! Aquí un usuario que xa instalou a beta de iPadOS 15 no seu trebello. Vai máis finda do que esperaba (para ser a beta 2). En xeral, teño a sensación de que iOs 15 é un iOs 14 BEN FEITO. Agardo que suceda o mesmo con OSX Monterrei (que pensabades, que sendo da comarca de Monterrei ía a pasar polo aro e chamarlle Monterey? HA!)

Xa se pode xogar sen consola. O modelo que están a impulsa (entre outros, Microsoft) expándese a iOs, e cambia a compra de dispositivos físicos pola execución a través nun navegador. Paréceme algo interesante.

Por certo, estou retomando (puntualmente) a miña época gaming, cos nenos, e este xogo (eles chámanlle “o mono”) de Apple Arcade é unha delicia: pesca, golf, conducción, barca, sixilo… se che gustou o xogo do ganso, un digno herdeiro. Moi fan da súa estética simplona e colorida :)

Caixón de-sastre

En “mundo-Eco” creo que merece a pena prestar atención ao desenvolvemento dos feitos que propón esta nova. Ao parecer, as constelacións de microsatélites (como a de StarLink) poderían causar novos buracos na capa de ozono. E creo que diso xa tivemos bastante no século XX.

Cando podes consumir (ou aproveitar) alimentos con mofo (barolo, para os de Cangas). Recoñezo que me resultou interesante, porque eu son do equipo “os iogures non caducan, son de consumo preferente” e xogo na liga do risco dos produtos pasados de data. Sei que algún día me pasará factura.

Estradas (e rúas das cidades) máis frescas (máis ben menos quentes) con materiais diferentes e de cores claras. É unha investigación do MIT