“O mellor de… en 2021” e outras cousas
Estamos no tempo “do mellor de 2021”. Eses recopilatorios que teñen en conta o que pasa entre xaneiro e novembro, porque decembro sempre queda deserto. Xa podes descubrir unha aplicación que che cambia a vida, que non estará en ningún recopilatorio. Velaquí algúns recopilatorios interesantes:
O de Genbeta, un clásico.
31 apps que nos recomendan en Xataka. Algunhas non as coñecía, e son un feixe delas moi interesantes.
O MEU, que tamén teño dereito a defender as miñas escollas. No meu blog.
Un resultado dun estudo de seguridade que me parece tremendo: o 9% da poboación española admite que ten vixiado á súa parella, e un 15% admite que o faría. Espiar de xeito electrónico á parella é algo que está ben para unha de cada catro persoas. Aquí a nova, aínda que me dá asco a foto que escolleron para ilustrala. Está mellor tratado o tema aquí.
O negocio está na nube. Amazon, Google e Microsoft compiten pola maior e máis codiciada tarta dixital. Nada que non coñezamos de antemán, pero está ben sermos conscientes. Amazon domina o mercado cun 32% da cuota. Cando penses en Amazon como tenda… pensa que seis de cada dez euros da empresa proveñen destes servizos, non do ecommerce.
Impresionante estudo feito aos profesionais de deseño. Estes son os resultados relativos ás aplicacións que máis usan. Figma parece xa un estándar.
E falando de deseño, un repaso ao canva / figma de Adobe: Creative Cloud Express.
Internet está enganando o noso cerebro. Investigadores están descubrindo que a intersección de Google, os smartphones e as nosas memorias comezan a xogar coa forma en que xulgamos as nosas propias habilidades. O efecto Google, constatado xa en 2011, pero maximizado. Tremenda lectura (en inglés).
Gústanme moito os cursos de Udemy. Este de introdución a Excel é ideal para aquelas perosas que so o teñen trasteado cando lles fai falla, e é unha ferramenta superpotente. Como dicía o amigo Antonio Sanmartín, “con Excel chégache para dirixir unha empresa”.
Como activar o modo incógnito en Linkedin, para ver os perfis sen que lle aparezas a esas persoas como “fulanito/a viu o teu perfil”. Como contrapartida, ti non verás quen entrou no teu perfil (salvo que pagues a versión premium).
Nunca lle chamei fillo de puta a ninguén por escrito. Merecería un CEO que despide a 900 traballadores na mesma chamada de Zoom?. O despido do 15% da plantilla de Better.com (que ironía!) foi así: todo delicadeza, tacto e coidado por parte dun mediocre cretino de Sillicon Valley, Vishal Garg.
Audiocousas
Quen fose estrela para que Spotify me pagase un pastizal para dicir que terían un podcast meu e non ter feito ningún capítulo! Lembrades o podcast da Kardashian, dos “escindidos” da Familia Real Británica? Pois son algúns dos podcast pagados e nunca publicados.
Por certo, estou pensando en converter esta newsletter tamén nun podcast, coa intención de publicalas xuntas. Como o veríades? Escoitaríades o podcast? Creo que xa ten o nome: Zona Weekly: fóra de cobertura (badumtss).
Academiña
Esto dos meus colegas da “facultade de enfrente”. Investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal traballan na simulación de grandes incendios no Baixo Miño para identificar Zonas Estratéxicas de Xestión. Minería de datos fronte a un problema endémico galego.
Caixón de-sastre
Volve The Expanse coa súa temporada final. A mellor, MELLOR, serie de ciencia ficción ata o momento. Tremeda adaptación dos libros. Está en Amazon.
Esta intelixencia artificial debuxache en segundos o obxecto que queres e co estilo artístico que decides. Se estás diante do ordenador, próbaa. Tamén no móbil directamente aquí
Atoparon a ubicación do Templo de Melkart (Heracles / Hércules) en Cádiz. Unha nova fantástica. Eu, que son moi imaxinativo, son dos dá credibilidade á ubicación da Atlántida nas augas da costa atlántica andaluza. Unha das probas de Hércules foi roubar os bois de Gerión. E se Gerión era un Atlante? ;-)
Vaia novas bizarras veñen hoxe para este caixón. Agora lede e flipade:
Unha empresa suiza que deseña unha cápsula de suicidio asistido. Non fai falla ningunha outra cousa máis ca un suicida e as ganas de morrer. E premer un botón. A cápsula chámase SARCO. Tremendo naming, eh?
Expertos en desactivación de bombas acoden a un hospital en Inglaterra… porque chegou un paciente cun morteiro da II Guerra Mundial metido no cu. Estaba limpando, tropezou e caeu no explosivo.
Ah! e un anuncio: vendo o meu macbook pro de 15 polgadas. Por se a alguén lle interesa.
E con isto, remato. Feliz domingo.