Esta semana case todo é sobre redes sociais. Moito movemento en moitas plataformas
Creo que a publicación máis importante da semana é a publicación do altoritmo de TikTok. Un algoritmo de recomendación polo que moitas empresas suspiran e que, ao parecer, é máis simple có menanismo dunha zapatilla de esparto. Amosa máis contidos relacionados co que ves a miúdo. O tempo de observación é clave, aínda que non é o único: o algorimo amosa unha predición dirixida pola aprendizaxe automática e o comportamento real do usuario para cada un dos tres bits de datos: “gústame”, comentarios e tempo de visualización, así como unha indicación de que o vídeo foi reproducido.
Este algoritmo, que busca a adicción, ten unha cousa curiosa: cada certo tempo amosando contidos que che gustan, amosa algo diferente (case “random”) para valorar se che interesarían eses contidos ou non. Se lle fas caso a ese contido novo, pasa a engrosar o listado dos teus intereses. De non ser así, pasa.
Como automatizar certas accións con IFTTT. Ás veces dou por sentadas moitas cousas, e quizais hai alguén que non coñece esta auténtica navalla suiza de internet.
Esta pizarra colaborativa ten moi boa pinta.
Outra experiencia de alguén que silencia as notificacións. Dou fe de que se vive moito máis tranquilo. Probádeo.
Esta semana Twitter embarrou moito ao suspender a conta a xornalistas e investigadores ao abeiro da súa nova política de prohibir o intercambio de imaxes non consentidas. A regra prohibe aos usuarios compartir fotos e vídeos privados sen o permiso do suxeito; e tamén prohibe que as persoas ameazan con compartir ese contido ou que animen a que o filtren. O trasfondo é bo, pero patinaron na súa implementación.
Falando de Twitter, esta semana melloraron o sistema de reporte de tuits por parte dos usuarios. Quédome con esta idea (a falta de probalo!) que me parece unha expresión brillante: “digamos que estás no medio dunha situación médica de emerxencia. Se rompes a perna, o médico non di: ¿está a perna rota? Di: onde lle doe? A idea é, primeiro imos tentar descubrir o que está a suceder en lugar de pedirch que diagnostiques o problema”.
E seguindo co tema “redes sociais”, Este artigo xustifica por que Linkedin é a “rede social boa”. Non concordo con todos os puntos, pero si coas esencias. Esta rede social é na que máis tempo invirto, e a que me parece menos tóxica (opinión persoal non sustentada en ningún estudo).
Máis sobre redes e público xuvenil. En concreto, as mozas. Un mozo deixa de xogar a videoxogos e acabouse o problema, unha moza deixa de usar instagram, pero segue a darlle á cachola co vivido na plataforma.
En USA están agora co das baixas das suscricións á voltas. “Faga clic para subscribirse, chame para cancelar”? como táctica de retención da industria de noticias é ilegal segundo a FTC. Con isto reafírmome: que na UE temos o mellor regulamento de protección de datos do mundo. Non é perfecto, pero pon ao usuario no centro do ecosistema.
Audiocousas
Gustoume moito esta entrevista que lle fixeron a Alberto Dafonte sobre redes sociais na Radio Galega (a partires do minuto 6:30).
Mundo Apple
Estou intentando probar cousas novas no mac, e este titorial para instalar homebrew para mac resultoume interesante
Feliz domingo!