Black Friday Black

Na semana do Black Friday é imposible non falar deste tema. De todas formas, falarei de esguello. Teño outras cousas curiosas para compartir. Imos aló!

Queres facer capturas de pantalla limpas dun vídeo de Youtube? Hai unha extensión de chrome que che axudará con iso.

12 cousas que podes facer co botón do medio do teu rato. Para min, optimizar o uso dos botóns do rato é fundamental na miña produtividade. A medio prazo encantaríame escribir un libriño ou mini-publicación coas miñas teimas tecnolóxico-produtivas. Se vos interesa, facédemo saber, que me animaríades moito!

Este calendario que se integra co noso calendario promete moito. Xa me apuntei a ver se me dan acceso! Xa contarei por aquí :)

Novo mapa de tendencias para 2022 en redes sociais, de Hootsuite. Obrigado visionado.

O lado escuro do Black Friday, a pegada ecolóxica. Xa o sabías, pero non está demais deixalo reflictido con cifras.

Sobre o Black Friday, foi o momento de dar o salto ao renting de tecnoloxía. Comezo por un reloxo intelixente, nunha estratexia de optar. Se queredes probar Grover, facédeo dende este link, que así gañades un mes gratis vós, e outro eu..

Mundo Mac

Esta semana teño varias cousas de produtividad para os nosos maquiños! Como escalar monitores que non aceptan escalado, con esta app. E tamén o test de velocidade que ven integrado no noso terminal. Cun script de Atallos ou Automator estará a dous clics de distancia!

Caixón de-sastre

Como sei que vos gustan os mapas, aquí vai outra web de mapas… de apelidos! O meu apelido é máis común do que pensaba :)

A mellor etapa da túa vida non é dos 15 aos 25, so é a que mellor recordas. Que os recordos están dulci-amarcificados xa o tiña claro. Esta aproximación á saudade deses tempos paréceme xenial.

Levamos TODA A VIDA empregando o desodorante MAL. E teño que vir eu a contarcho, que tampouco o sabía.

Hoxe vou a pedirche un favor: reenvíalle este boletín a un/ha colega que lle poida interesar algún dos paus da baralla que trato (si, hoxe faltaron ligazóns de Academiña e Publicidade. E se preme este botón de aquí, xenial!

Nada máis. Feliz domingo. Probablemente cando estés lendo esto eu estarei no Culturgal. Se pasas por alí e me ves, “saúdame sempre”.