Primeira semana NULL. A verdade é que pensei que chegaría antes… En todo caso, aquí volvemos á carga con algunhas cousas interesantes. Poucas, porque non tiven tampouco demasiado tempo para curar con calma os contidos.
Imos aló
Para coordinar as titorías empreguei Calendly. Agora atopei ZCal, que tamén pode ser interesante. Interésache se che fai falla algún sistema de xestión de citas.
Aquí un troll de internet convenceu a Instagram de que o seu CEO morrera, e eu levo coa conta bloqueda semanas. E aí quedará.
O tema dos ultrarricos e como teñen que pagar impostos ten moitas lecturas e reflexións. Paréceme axeitada esta visión de Enrique Dans, pero é sesgada e tamén é preciso ler estoutra que completa a información. Eu non teño unha opinión clara ao respecto. E non pasa nada por non ter opinión sobre un tema, va que non?
Estoi é moi simpático! As “mensaxes nunca enviadas”. Hai algunha para ti? Busca co teu nome!
Igual es vítima (ou eu) de desinformación e non o sabíamos. O CNI apunta que a manipulación da opinión pública é unha das principais ameazas, e cuantifica en 20 millóns de españois as posibles vítimas de desinformación
Isto é útil. Así se pode empregar Facebook sen o algoritmo. Ben, se estades logueadas, clic aquí e veredes todo por orde cronolóxico inverso
Sobre seguridade, mira o que fixeron na OSI: podes adivinar se é enxeñería social ou non?
Academiña
Mentimos máis na comunicación síncrona que na asíncrona
Intelixencia Artificial para solucionar dilemas éticos. Que podería pasar? Que canibalismo ben, xenocidio ben… etc. Hai que velo con humor. :)
Mundo Apple
Unha historia tolísima (ten un par de semanas). En Apple TV hai unha serie chamada “invasión” e para a súa promoción os creadores propuxéronlle a Apple apagar TODOS OS TREBELLOS da mazá en todo o mundo durante uns segundos. Flipados!
Se usas OSX, este tip vai a serche útil de carai.
Pero, sen dubida, a nova sobre Apple en moito tempo é a apertura ás auto-reparacións. Apple comezará a proveer de recambios orixinais e manuais para que as usuarias comecen a reparar os seus trebellos, comezando polo iPhone 12. Isto é fantástico. Nunca pensei que fose esta empresa a que comezase co dereito a reparar.
Caixón de-sastre
Sobre emojis e resignificación: o significado dalgúns emojis ao longo do mundo ?
Unha interesante revisión sobre a relación entre sección aurea e o deseño de interfaces. Sobre deseño de interfaces, tamén me gustou esta evolución de Windows e OSX.
Webs de mapas. Sempre son interesantes.
Dormes no sofá pero non na cama? Non estás so/a. Velaquí a explicación. Spoiler: non axuda moito.
Feliz domingo!