“Mal número se non crece”

Tampouco pasa nada porque sexa a edición “equis palito palito”. Será máis lixeira, pero non dará mala sorte.

Comezo o boletín recollendo a miña máis recente experiencia con Instagram. Probablemente a última nunha temporada: non podo acceder á miña conta.

A crise de loxística e falta de compoñentes é un tema que semella grave. Este podcast de Despeja la X aborda esta cuestión dun xeito moi didáctico. Non so hai falta de “microchís” (están todos nas vacinas da covid, se me permitides o chascarrillo), senón que faltan contenedores de transporte, madeira (en Pontevedra temos obras paradas por falta de material…) e moito máis.

Para as persoas interesadas no mundo do desenvolvemento web e como reducir os consumos enerxéticos. Como construír un website “low-tech”

O gran tema da semana é o decreto español que regulará o copyright. Preciso un debate máis sosegado e lecturas máis profundas, pero aquí van algúns apuntes para ir picando algo sobre o tema, en Genbeta aquí e tamén aquí.

Unha das cousas positivas da lei tamén se anunciou xa en TreceBits, volverá Google News. A min o que saque Google tanto me ten, o único produto que me interesa que rescaten é Google Reader, falecido en 2013, e polo que “nin olvido, nin perdón”.

O lavado de cara de Facebook (agora Meta) trae bastante cola. Todo o mundo está a falar do metaverso. Metaverso así, metaverso asá… desculpade o meu excepticismo, pero preciso máis ptobas, máis estudos e máis tanxible para crer este “rexurdimento de second life”. Con todo, si estou de acordo que Microsoft (que leva uns aniños facendo as cousas MOI BEN) non terá un metaverso, pero si unha cola que dará sentido a realidades aumentadas/alternativas/plurais fusionando aínda máis o online e offline.

Xa podes empregar WhatsApp no teu ordenador incluso tendo o teléfono apagado. Aquí che explican como. Eu levo varios meses coa beta e funciona ben. Paréceme incomprensible que tardasen tanto tempo en incluír esta funcionalidade.

Tarotistas e outros servizos son baneados das plataformas de pago dixitais. A nova en si non me interesa, pero si o debate sobre a forza das plataformas de pago, e os criterios para limitar os ingresos de certos servizos. Tampouco é un debate novo, a asfixia económica é algo que se practica na xeopolítica.

Academiña

Estou tan enfrascado nas miñas cousas, que non tiven nin tempo de acumular links para este apartado. ¿Sabías que non existe consenso na defición de “discurso de odio”?

Con todo, teño ganas de probar esta funcionalidade de Microsoft Edge para citas académicas. En xeral, estou moi, moi, moi contento con este navegador. Merece a pena darlle unha oportunidade

Cousas da publicidade

Esta semana temos cousas moi interesantes: Zoom comeza a integrar publicidade aos usuarios de contas gratuítas (a maioría). En principio, uns banners sinxeliños, nada intrusivo. En principio.

Google Ads (e AdSense, e Youtube Ads… e todo o que Google xestiona) e a súa tallada no pastel publicitario. Canto gaña Google polos anuncios que xestiona? Ata o 42%. Despois, é Apple a que ten comisións lesivas porque leva o 30% do que factura na súa app store (que lle chega de carai, pero xa vedes que hai quen leva maiores talladas).

Por certo, sabedes quen se salta a comisión do 30% de Apple? Facebook. E faino así

Mundo Apple

Comezan a chegar as primeiras “reviews” dos novos equipos de Apple. De momento, so confirman que a miña escolla (o equipo base e portátil máis barato (menos caro) da compañía é a mellor elección.

Caixón de-sastre

En Lugo hai axudas municipais para galeguizar as lápidas dos cemiterios. Nunca reparara no uso lingüístico no camposanto, e para que unha lingua perdure, debe estar viva en todos os ámbitos. Con todo, sigo mantendo que a responsabilidade é máis nosa que das Administracións que nos gobernan (opinión impopular, seino).

Tamén sobre linguas, o verdadeiro tamaño de cada lingua, ilustrado nun gráfico.

Unha derradeira sobre curación de contidos, recomendación de Evelio Sánchez: lista de BIMfluencers do mundo hispano. Non sabes o que é a metodoloxía BIM? Pois pasa polo podcast.

Feliz domingo!