[insert random subtitle]

Non teño subtítulo para esta doceava edición. Ía dicir que alá foi outubro, e que o do cambio de horario… comentarios random, así que case mellor comezar coas cousas interesantes que vin esta semana:

Comezo o boletin recollendo o podcast con Amador no que falamos sobre odios e violencias en internet, comezando polas cousas que nós odiamos. Podes escoitalo aquí.

Este recordatorio (ou descubrimento, se non o sabías) sobre como bloquear as chamadas de spam en teléfonos Android e iOs é moi aconsellable. Eu, en particular, teño un contacto creado chamado “BRASAS. NON COLLER” que actualizo con novos contactos cada semana. Especialmente pesadiños son, para min, as chamadas derivadas de WiZink. Debería ir pensando en poñer a denuncia pertinente ante a AEPD.

Velaquí como solicitarlle a Google que borre fotos de menores de idade do seu buscador. Por se algún dos presentes ve aos seus fillos como resultados de búsquedas.

Se flipastes co artigo dos repartidores e loxística dos ecommerce, aquí outra peza terrible: Amazon destrúe cada día miles de produtos sen vender, a maioría por devolucións que non se volven a poñer á venda, outras porque se danaron as embalaxes no transporte (aínda que o produto esté impecable).

Influencers hainos en calquera ámbito. Tamén nas ferramentas de produtividade (notion, trello, asana…). Xa está collido o termo “influexcel”???

É posible contar as persoas que hai nunha sala usando o wifi. Unha especie de wifilocalización que nada lle envexa aos cachalotes ou morcegos.

Academiña

A step-by-step guide for using Wikipedia for research communication. Un novo artigo imprescindible do que para min é un dos mellores blogs académicos, o de Ciencias Sociais da London School of Economics.

Sobre intelixencias artificiais, aquí unha ferramenta (deepImageJ) liberada para usos académicos. Está entre os meus obxectivos a medio prazo, meterme con este tipo de análises de contido imaxético.

Esta nova podía ir aquí, como na parte de publicidade… nanotargetting, ou como facebook pode crear anuncios que so se amosarán a unha persoa concreta. A min so se me ocorren usos perversos ou de hackeo (nivel neuromarketing) de persoas.

Cousas da publicidade

A publicidade chega a Telegram. En principio, so para canles públicas con máis de 1000 persoas suscritas, e cunha limitación de 160 caracteres. A ver que acontece con whatsapp nun futuro próximo.

Por certo, sobre este tema, esta semana quedei abraiado coa publicidade que mete a miña smarttv. Vina en Boing, mentres os debuxos animados, unha L perfecta que se queda en pantalla durante uns 10-15 segundos.

Mundo Apple

Non é estritamente Apple, pero este artigo fala de cómo o futuro da computación persoal está nos chips coma os que presentou Apple (M1). Núcleos de alto rendemento e núcleos de alta eficiencia. Mesmo en Windows, Linux e o IoT.

Caixón de-sastre

O algoritmo de Twitter en España amplifica máis as mensaxes de políticos de dereita que os da esquerda. O artigo académico está aquí.

E agora, antes de despedirme… gústache a newsletter? E as súas seccións? Que mudarías / ampliarías / eliminarías? Podes respostar a este boletín e dicirmo, por favor, que non como a ninguén.

Agora si, feliz domingo!