Xa cheguei ao meu número fetiche.
Seguro que a ti tamén che pasa. Algo haberá polo que sintas unha atracción expecial, inexplicable, que te reconforta, que te abriga e te protexe. Para min é o número 11. Non sei por qué. Tampouco é que ese número me ligara a algo en particular. Simplemente eu e mailo 11 atraémonos. E xa está. Outros tíranlle pedras aos avións. Todos temos manías :-)
Vamos aló coas novas da semana
Google presenta un servizo de suscrición que aúna servizos e produtos físicos (un teléfono), por 45$/mes (USA). Isto reafirma o que para min é unha tendencia á alza, e que comezamos a ver en España: o produto como servizo, e aluguer (renting?) tecnolóxico no canto de mercar os produtos. Xa vos falei de Grover, unha excelente opción para aquelas persoas que queren ter sempre o último en tecnoloxía, e renovar equipos cada ano ou dous anos… pois aluga o equipo. Prezos competitivos e probablemente unha opción máis responsable dende o punto de vista medioambiental.
Sabes que coches se fabrican en Galicia? Velaquí os que se fabrican en España. Do total montante, fabrícanse en Galicia os seguintes: Opel Combo e Combo-e, Peugeot 2008 e e-2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée, Peugeot Rifter / Expert, Toyota Proace City, Citroën Berlingo e Citroën Grand C4 Space Tourer. Case nada!
Lembrades este teléfono de xoguete?
RecWide, app trementa, útil e gratis. Unha ferramenta para gravar a pantalla e/ou webcam. É imposible que sexa máis sinxelo.
Esta semana descubrín os cubos do lixo intelixentes e xa me tarda ter un para cueiros e outro para o lixo orgánico.
Outra pandemia da que non se fala o suficiente: a pornografía infantil en redes sociais. O peor é o comportamento dos algoritmos das redes: cando entras nesta roda, suxíreche contidos similares… lendo esto, ata me planteo un debate sosegado sobre a proposta do PP para acabar co anonimato nas redes.
Academiña
Hoxe esta sección contén autobombo. Lidero un pequeno proxecto da Cátedra de Feminismos 4.0 – DEPO UVigo e temos unha pequena web: micromachismos.webs.uvigo.es. Pois ben, nesta web, a gran Laura M. Castro, coa que tiña moitas ganas de facer cousas académicas, acaba de marcarse unha app para facer búsquedas internas no Tuíter que dará que falar, xa o veredes. http://micromachismos.gigalixirapp.com (teredes actualizacións)
Cousas da publicidade
A industria cinematográfica detrás de TikTok. Seica hai moito vídeo espontáneo que está máis pautado cá dieta Dunkan. Personaxes que non son persoas, na procura dun negocio lucrativo. Outra volta máis ao influencer marketing.
Mundo Apple
POR FIN presentou Apple os novos macbook. Para min xa e tarde, que me pasei á secta dos macbook air, pero teñen unha pintaza tremenda (sabías que esto escribino antes de ver a presentación dos produtos?).
Agora a valoración seria: moi bos equipos, cun prezo algo elevado (parten dos 2.250€, algo menos de 2050€ para profes). Volven máis portos, moita máis potencia (e xa o macbook air actual é un monstro!). Á espera das reviews, vaia equipos para o segmento profesional, sobre todo na edición de vídeo.
Pero o mellor foi… este PANO DE LIMPEZA QUE VENDEN POR 25 EURAZOS. E non deberon vender poucos, que os envíos, a día de hoxe, están programados para 6-8 semanas. Igual é o regalo estrela do Nadal, amigas! Agora en serio. Vaia “cuajo” teñen.
Se usas Dropbox, esta app chamada Maestral debería substituír á aplicación nativa. Por certo, elimina a restrición de número de dispositivos en contas gratuítas.
Caixón de-sastre
O pasado domingo lin “En las furgonetas suicidas del comercio online
“Voy a 150 porque tengo que cumplir un horario””. Que situación preocupante a dos traballadores da loxística de transporte e entrega de paquetería. Que podemos facer para mellorar a súa situación como consumidores? Porque, non o negues, ti tamén recibiches algún paquete nos últimos días…
E ata aquí o que me pasou pola cachola esta semana. Feliz domingo!