Máis vale tarde ca nunca.
Xa hai ben tempo que quería comezar unha newsletter. Mellor era publicalo no blog (igual o fago), pero tiña ganas de probar substack.
Ia idea desta publicación, que non ten aínda periodicidade pautada, é compartir aquelas lecturas que gardei ou que me fixeron cavilar. Son, sobre todo, cousas de tecnoloxía, do que podería falar -ai, se tivese tempo- na Zona Wifi. Pero seguro que por aquí tamén teñen cabida e igual vos resultan tamén interesantes.
Obviamente, ten inspiración, ten. A newsletter de Mixx.io, as Causas y Azares, e mesmo a Bonilista. Que boas esas tres, eh?
Sen máis dilación… comezamos!
Viva o low-code e o no-code! Viva a democratización da produción de contidos! As predicións máis recentes estiman que o 80% da tecnoloxía podería ser froito destas ferramentas en 2024. Creo que é algo optimista demais, pero cada día é máis abraiante o que se pode facer sen saber (ou moi pouquiño de) programación. Aquí explican moi ben en qué consiste iso do no-code e low-code. Este exemplo de “clon de twitter” feito así ten unha pintaza!
Algúns trucos para optimizar as procuras en Google. Igual xa os coñeces todos, pero eu sempre redescubro algún.
Tamén me interesei por estoutro buscador, Ahrefs, que pode facerlle “pupiña” a Google. Por certo, o navegador Brave lanzou a beta do seu buscador. Ai, Google, que van a por ti!
Fascinoume este artigo sobre o futuro do coidado ás persoas maiores e a intelixencia artificial que lin no Guardian. É un tema sobre o que cada vez leo máis, e cada día comprendo mellor a aposta de apple pola saúde e a monitorización da mesma.
A propósito de redes sociais, este texto elaborado a propósito dun paper discute o rol de Facebook como motor da tensión política. Xa eramos malos antes de internet, como acaba de dicir Pierre Lèvy, pero este texto está ben para buscar tamén outros culpables á polarización. Sen demérito das redes, eh?
Mundo Mac
Unha compilación de ferramentas útiles e gratis para Mac. Seguro que hai algunha que non coñeces.
Aplicacións de dictado para Mac. A verdade é que eu son de empregar a do propio sistema, mesmo emprego ás veces Siri para que lea os meus textos, pero se é unha das túas preocupacións, pois mira, aquí queda.
Esta app para descargar o instalador de OSX Big Sur en calquera das súas actualizacións cun so clic. Por certo, eu sigo en OSX Mojave e NON TEÑO intención de actualizar máis o meu portátil.
Caixón de-sastre
Agora que teño AppleTV+, e despois de gozar MOITO de Ted Lasso, esta serie tenme moi boa pinta: Home Before Dark. É para ver con crianzas.
Por certo, Mare of Eastwood (HBO) é un seriote dos mellores do ano.
Ala, por hoxe xa estivo ben.
Se che gustou, suscríbete. E se non che gustou, suscríbete e dimo.