[esta entrada foi publicada na maceira]
Con iso do ano novo, vida nova, apuntarse ao ximnasio e diversos propósitos para o novo ano… propóñovos unhas aplicacións para o voso iPhone co gallo de controlar o peso, os alimentos que inxerimos e diferentes factores.

mzl.rzbgdphp.175x175 75

MetaPeso (gratuíta): esta é a aplicación que utilizo para controlar o peso (aumentos e descensos). Permite asociar a aplicación a un contacto xa existente da axenda (así non teño que introducir o meu nome e fotografía) e permite asignar un peso obxectivo e unha data para conseguilo (con varias datas segundo o nivel de severidade da dieta).
Amosa o IMC (un dato nada obxectivo dado que so atende a tres factores: sexo, altura e peso) e, o máis interesante, unha gráfica que reflicte as diferentes medicións de pesos en relación co peso ideal establecido polo usuario.

mzl.tesjrikq.175x175 75

Contacalorías (gratuíta): tamén permite o anterior a través do menú “rastreador de peso”, pero vou a sinalar algúns dos seus menús máis interesantes ao meu xuízo:
iSkinny (de pago: 0’79€): non aporta realmente nada novo con respecto aos anteriores, non sendo algunha característica interesante coma o cálculo de aporte calórico diario segundo o individuo (tampouco demasiado preciso, xa que non utiliza o índice de consumo enerxético personalizado para o cálculo)
Ten un pequeno bug por correxir: cada vez que introduces os datos de peso, a aplicación non garda os decimáis, marcando 0 por defecto. É preciso editar ese decimal por segunda vez para que garde a cifra correcta.
Con todo, a inserción de datos na gráfica de evolución do peso é a máis sinxela das tres aplicacións.
Dito isto, tampouco é para obsesionarse co móbil, pero se alguén é algo “puntilloso” con este tema, que probe algunha das aplicacións anteriores, que de seguro que lle sacará partido.
e vós? Usades algunha aplicación para o voso móbil (android ou ios)?