Si, esta é outra lista máis de produtos e servizos que marcaron o 2021. Pero é a miña lista.
Servizos
Aluguer de tecnoloxía con Grover.
Este verán descubrín o alugueiro de tecnoloxía con Grover. é un servizo que che permite empregar tecnoloxía de consumo de última xeración durante un tempo determinado. Se non tes presa polo produto, podes coller ofertas moi, moi xeitosas. Eu dei o salto ao apple watch series 6 por pouco máis de 12 euros mensuais.
Se che interesa probalo, déixoche unha ligazón de afiliados. Rexistrándote con ela, terás de balde o primeiro mes dun alugueiro de tres meses ou máis, e eu tamén terei outro mes de balde.
Notion
Este servizo de notas (e moito máis) non o descubrín este ano, é certo, pero non foi ata este ano que lle comecei a sacar partido. Sempre me pareceu moi limitado na súa versión gratuíta, pero lin que ampliara os límites e pareceume que era o momento de probala en profundidade. De feito, descubrín que hai un plan para educación e a versión de pago máis económica… sae de balde.
Uso esta app para crear documentos que podo compartir facilmente cunha url. E non, non se parece en nada a Google Drive. Mirade, esta é unha práctica de AppInventor que emprego nas aulas, e está dispoñible en Notion.
Apple Music
Na cultura de compartir suscricións, deille unha oportunidade ao servizo de streaming de apple e, desde que o probei en primavera, so me dá alegrías. Deixei de pagar o premium de Spotify, de quen so boto de menos a lista de reprodución personalizada semanal, e para iso podo seguir empregando a versión de balde.
Mover as listas de reprodución e favoritos de Spotify a Apple Music foi moi sinxelo cunha aplicación para móbil, apenas perdín unha ou dúas cancións coa migración (o catálogo é amplísimo). Ademais, shazam intégrase moi ben co servizo de música de Apple e as cancións etiquetadas que me gustan xa van directas a unha lista de reprodución.
E a finais de ano lanzaron o audio sen pérdida… que combinado co audio espacial, fixeron que me reconciliara cos airpods pro. A diferenza entre estas tecnoloxías e a forma que escoitaba antes a música é coma o salto do son “mono” a “estéreo”.
Software
Etrecheck
Esta aplicación realiza un chequeo completo do teu mac. É incrible como unha aplicación tan boa sexa tan pouco coñecida. E tan boa que debería ser a que empregasen por defecto no SAT de Apple. E a verisón gratuíta é suficientemente completa como para probala e seguila empregando regularmente.
Browserosaurus
Empregas varios navegadores de xeito habitual? Moléstache que sempre se abran as ligazóns co mesmo navegador? Pois toma nota: con esta app podes escoller en que navegadror se abrirá cada ligazón. Unha das miñas aplicacións de produtividade favoritas. E software libre.
Bitwarden
Aínda que confío moito en “keychain” para a creación e gardado de contrasinais, esta app so está dispoñible para Safari. E emprego varios navegadores. E volvo a empregar windows máis do o fixen en moitos anos (excel, en mac, é TERRIBLE). Empreguei moitas apps, algunhas delas comenteinas en podcast o ano pasado, e por fin, por recomendación de Amador, acabei probando Bitwarden. A mellor, con diferenza. Non boto nada de menos 1password. E tamén software libre.
Hardware
Magic Keyboard
O teclado do ipad converteuse nun imprescindible para min. Inicialmente porque está retroiluminado e permitíame “producir” mentres o/s neno/s durmían a sesta, pero é que… é o teclado co mellor tacto que probei ata agora. Sempre me gustou mo]ito o tacto do teclado de apple da xeración previa a 2016, pero este é incriblemente mellor. E teño probado uns cantos teclados, eh? Habitualmente no traballo uso o MX Keys de Logitech, que está xenial, pero non lle chega á comodidade deste teclado (no que escribo estas palabras).
O malo é que se trata dun trebello moi, moi pesado. O ipad con teclado pesa máis có macbook air. Con iso xa o digo todo.
Forno eléctro Cosori
Pois non ía ser todo tecnoloxía informática, eh? Mercamos este forno eléctrico para facer patacas fritas máis sanas (menos aceite) e resulta que agora cociñamos moitas máis cousas nese trebello. Croquetas (era obvio), pero tamén carnes, peixe, verduras… unha forma de cociñar rápida, máis saludable e mesmo económica, comparado co custe do forno tradicional que demanda máis potencia.
Gustoume que trouxera un libro de receitas. Aínda non fixen ningunha, pero está ben telas de man.
E agora, as brozas.
Homepod mini
Un asistente de voz que so funciona con wifi. Vai cagar, Apple, anda. En serio, na casa, co Apple TV, nin sequera podo subir e baixar o volume con normalidade. Terrible.
Evernote
Pagar o premium desta app foron os cartos peor invertidos do ano. Non fai nada mellor do que podo facer con notion ou apple notas.
Pois vou deixar un par de recomendacións para o traballo dixital ofimático na casa: Adeus aos múltiples monitores e ola a un só grande e curvado. O Philips E-line 328E1CA (https://www.philips.es/c-p/328E1CA_01/monitor-lcd-curvo-con-ultra-wide-color)
Tamén saltar de rato a trackball e máis teclado ergonómico (Eu puxen todo Logitech Ergo https://www.logitech.com/es-es/ergo/keyboard-mice-series.html)
E de servizos, non fago máis que apoiar proxectos galegos en Verkami, Goteo, etc. O último, este Ourensán https://www.verkami.com/projects/31951-nuevo-sistema-de-cierre-seguro-reutilizable-para-bolsas
Tamén apuntarme a https://acloudguru.com/ para este mundo anubado.
En apps, pouca cousa, cada vez prescindo de máis, igual https://clickup.com/, como alternativa a Notion.