Tiña pendente un redeseño da web, sobre todo agora que a miña condición laboral cambiou un chisco, así que aproveito os propósitos de ano novo para presentarvos o novo deseño da web, onde o blogue ten un peso fundamental. Mellor dito, todo o peso.

Se queredes consultar algo da web antiga (que tamén estará accesible a través do banner) podedes facelo aquí.

Tamén incluín varios lugares onde me podedes atopar. Alén das redes sociais que tedes pola web adiante, poderedes saber de min en

Espero que vos guste, que veñades por aquí máis a miúdo e que atopedes contidos cada día máis interesantes.

Como aínda non estou ao 100% neste 2012, non esperedes actualizacións a miúdo…