Esta semana asusteime ao recibir unha newsletter de Amazon. Non é a primeira vez que a recibo, pero como parece que se vai a converter nunha constante, decidín “investigar” un pouco máis sobre o asunto.

Na newsletter, Amazon convídame a ver produtos de interese “agora que o teu bebé ten 5 meses”.

A fiabilidade da información é asombrosa; en primeiro lugar porque sí é certo que acabo de ter un neno, e en segundo lugar porque se aproxima o suficiente coa data, pero… cómo é posible que Amazon saiba esas cousas?

Hipótese 1.- Porque lle entreguei esa información nalgún momento

Comprobo que en ningún momento facilitei esa información a Amazon; nin na conta de usuario, nin en pedidos realizados… non hai rastro que poida vincular o nacemento dun neno ou membro familiar na conta de Amazon, nin na versión gratuíta nin na versión premium.

Hipótese 2.- Por compra de bases de datos

É algo que non podo comprobar. Son consciente de ter facilitado datos do nacemneto para facer as tarxetas de Toys’rus, Prenatal… ou servizos en liña onde che regalan cousas (en realidade, onde mercan os teus datos) como todopapas.com, Ordesa… pero non sei se teñen relación con Amazon. Así, é unha hipótese que non podo comprobar.

Hipótese 3.- Polos pedidos que realicei en Amazon nos últimos meses

Sospeito que podería ser iso. Comprobo o historial de pedidos de Amazon e, efectivamente, merquei produtos de bebés. Entre eles: babeiros, cueiros, un esterilizador… Vale, agora entendo que Amazon pode saber que teño un neno…pero… a idade do mesmo? Quizáis os cueiros, pola talla, poderían ter relación con este dato.

Pero hai algo que non encaixa: teño mercado outros produtos de nenos ou infantís para diferentes idades: un andador, libros para nenos… son produtos que terían que facer ferver os datos que – supostamente – cruzaría Amazon: ten nenos de diferentes idades? entón… a cal nos diriximos? Ao maior, ao pequeno?

Tamén me pregunto se estará relacioado con Amazon Familia e o seu servizo de suscrición… información que aparece na newsletter… pero na que non me rexistrei nin teño feito suscrición algunha.

Finalmente, hei de desbotar esta teoría porque outros pais que coñezo, e que tamén mercan en Amazon, non reciben este tipo de newsletters

Hipótese 4.- Polos servizos relacionados

Despois de darlle moitas voltas, un tuit de @dorfun púxome sobre unha nova pista, os servizos de fotografía de Google…

e lembrei que, efectivamente, son usuario de varios servizos de Amazon, grazas á subscrición premium.

Ademáis de ter acceso á súa plataforma de vídeo Amazon Prime Vídeo, teño acceso á súa nube de datos Amazon Premium Fotos, porque ofrecen almacenamento ilimitado para fotografías e 5Gb de datos a maiores.

Almacenamento ilimitado de fotografías” para min quixo dicir “copia de seguridade de todas as fotografías que teño no smartphone”. Que non son poucas, e as limitacións dun teléfono de 16Gb son moitas!

Dentro das condicións de uso deste servizo non atopei referenza algunha a posibles usos qeu poden facer cos ficheiros que nós subimos, no entanto si teño volcadas todas as fotografías que tiro co teléfono, dende á primeira á última (e son centos) incluídas as fotografías do neno. É posible que empreguen algún tipo de software de recoñecemento facial?

É posible que os medatados de “data” se empreguen para boletíns informativos?

É unha hipótese tan descabelada?

“Nin confirmo, non desminto, pero…

…Que conclusións tiro de todo isto?

Que Amazon ten máis información da que nos cremos.

Que os servizos na nube non son gratuítos (se por gratúito entendemos algo máis que “non pagar un peso”)

– Que teño o firme propósito de mudar o meu almacenamento na nube cara a outras solucións que respecten a privacidade, como é o caso de OwnCloud

Vós tamén recibistes algunha newsletter así de preocupante?