Como xa fai tempo que non escribo sobre redes sociais, e non estaría demais facelo, xa que é parte substancial deste blog, aquí vai un pequeno post sobre métricas en tuíter.
Por sorte, cada vez hai máis concienciación sobre a medición en medios sociais, e, cada vez máis, fixámonos en valores cualitativos máis ca en valores cuantitativos.
De nada serve un número elevado de seguidores se non interactúas coa comunidade. Recoñecerás a este tipo de usuario cando o resultado da división de seguidores e seguidos tende a 1.
Pola contra, hai algúns indicadores que merece seguir de cerca:
KLOUT: non creo que ningún dos meus lectores siga sen coñecer a estas alturas este medidor de reputación online. Está considerado coma o índice independente máis valioso, e resulta interesante saber qué número entre 0 e 100 che asigna o seu algoritmo. Por riba de 50 sobre 100 xa “empezas a ser persoa” neste mundo dixital
COMUNIDADE (SocialBro): esta métrica que ofrece socialbro é, posiblemente, a que máis me gusta. Non é nin o número de seguidos, nin o número de seguidores, senón a comunidade que socialbro entende como real; isto é, o número de persoas ás que chegas coa túa conta de tuíter, de xeito periódico. É habitual que o nº da comunidade sexa inferior ao de seguidores (móito máis se falamos de usuarios que teñen un número de seguidores e seguidos moi parello). Síntete afortunado se a túa comunidade é superior ao número de seguidores (máis doado cando falamos de números pequenos)
PEERINDEX: semellante a Klout, existe outra ferramenta que se chama Peerindex. O seu indicador de influencia está dividido en tres subindicadores. A escala, coma en Klout, vai de 0 a 100 e, como apunte para teñades como referencia, unha difra superior a 40 indica que estamos no segmento do 10% máis influinte das nosas áreas. Estar por riba do 90 situaríanos na élite (0’1%)
- Authority: ou a percepción que ten a comunidade sobre ti, en función da túa relevancia social sobre os temas que peerindex entende que falas. Isto é, o neu nivel de “eminencia sobre a materia”
- Activity: en función da actividade que teñas en tuíter, mide a repercusión das túas accións.
- Audience: o tamaño da túa audiencia ou comunidade, o alcalce que ten a túa conta.
Xa comprobaches como andas por estes indicadores? ;)