A semana pasada estiven de cumpreanos. Alén da reflexión sobre o vértixe que produce cumprir anos, o rápido que pasa o tempo e todas esas cousas, tamén me serviu para constatar unha realidade que acontece dende hai uns anos: as canles de comunicación están a mudar a forma en que nos comunicamos, pero o fondo da comunicación non muda.

As redes sociais, esas estupenda ferramenta para manter o contacto coa xente que queres (e manter as distancias coa xente que detestas) están a desprazar ás chamadas e aos mensaxes de texto nas felicitacións.

A grandes trazos, recibín:

Varios comentarios ao respecto:

As 4 primeiras canles de comunicación (facebook, twitter, skype e spotify) son gratuítas, non así as mensaxes de texto e chamadas, suxeitas aos prezos das operadoras. Non falo de ser “agarrao” ou non, senón de que, podendo escoller canle, preferiblemente aforrarás eses cartos ;)

Nos últimos anos tamén estamos a ver cómo as tradicionais felicitacións de nadal estaban desinflando os ingresos das teleoperadoras, así que non é de extrañar que aconteza o mesmo en cumpreanos e aniversarios.

Tamén é destacable que, sendo facebook a miña rede secundaria (seguindo de cerca a twitter) teña tantas felicitacións: 35 (sobre un total de cerca de 170 contactos. Non é unha mala cifra :) que ten fácil explicación: os recordatorios de cumpreanos que están na zona quente da páxina principal de facebook (arriba, dereita. Ver a imaxe)

recordatorios thumb1Ese recordatorio de cumpreanos tamén o ten skype, pero os meus 18 contactos (moitos deles repetidos noutras redes) e o uso principalmente profesional que fago poden ser os causantes do baixo índice de felicitacións.

As chamadas e as mensaxes de texto proveñen principalmente da miña familia, nalgúns casos cun baixo índice de alfabetización dixital (meus pais, por exemplo, nunca se sentaron diante dun ordenador), pero conservan un sabor “tradicional“, non sei se me entendedes :)

Non se trata de ter máis ou menos felicitacións, senón de observar como as diferentes canles de comunicación que nos acompañan no día a día modifican algúns hábitos, e cómo o noso rastro/impronta dixital (“huella dixital“) merece importancia, cada día máis, no mundo tecnoloxizado e hiperconectado do século XXI.

Tampouco se trata de constatar se teño máis amigos ou menos, nin o grao de importancia que teño dentro do seu grupo de amigos, senón de constatar que as felicitacións se multiplican coas redes socias por ser máis sinxelo, barato e tan efectivas (salvo criterios obxectivos) que as tradicionais. Hai 10 anos non me imaxinaba acadar a maioría de idade con tantísimas felicitacións!

Neste ámbito concreto do que falo, ao igual que na lectura de datos dos #socialmedia, é importante destacar que a cantidade das felicitacións non é o relevante, senón a calidade delas. Así que permítanme sinalar que me sinto profundamente agradecido polas invitacións. Síntase vostede afectado, benquerido lector, se se acordou de min o 22 de febreiro.