iPhone 3GS.
CC photo credit: MJTR (´???)

Esta semana cumprin un ano de (condena) contrato con movistar e o seu iPhone 3GS. En realidade, estiven mooooitos anos con vodafone, pero como non tiñan o teléfono do que todo o mundo falaba e, como non, do que me encabuxara, fixen a portabilidade a Movistar.

Acostumei, ata o ano pasado, a cambiar de teléfono anualmente ou, cando menos, a querer cambialo anualmente (dentro das miñas posibilidades económicas do momento), e así foi ata que atopei este teléfono.

Sen embargo, como xa esteredes cansos de escoitar as boas críticas dos fanboys e demais… vou a centrarme nas cousas que non me gustan:

· A xestión da cobertura: é incrible cómo pode ser tan pésima a xestión da cobertura deste teléfono. Obviando o feito de que ten menos cobertura en situacións semellantes ás doutro terminal (eu compároo co meu outro teléfono, un nokia 6300), este terminal ten unha xestión tan patética da cobertura que ás veces me dan ganas de tiralo.
Non so non colle cobertura onde ésta é reducida, senón que “baila” coma se fora un peón, e descende e aumenta sen manexar datos reais da rede.
En realidade, este é o famoso problema que ten o iPhone4 (tan en boca de todos nestes días), pero que teñen todos os iPhone 3GS que probei (3 ata o de agora).
Supoño que se Movistar tivera unha mellor cobertura (é un falso mito iso de que é o operador que menos cobertura ten, alomenos nos lugares onde eu me movo con asiduidade – o meu concello / Compostela / A Coruña: Elviña) subsanaríase o problema pero crédeme que o teléfono ten MOITO que ver neste aspecto.

· O seu software pechado: que si, que hai jailbreak, que hai formas de liberalo e instalar aplicacións non firmadas polo fabricante e mil cousas máis, pero… se queres ter o telefoniño este… hai que pasar por iTunes para meterlle música, tonos, sincronizar contactos, mail e calendarios…aínda que non pases por caixa.
É máis, o que máis me anoxa é ter que activar o teléfono mediante iTunes… como se todo o mundo dispuxese dunha conexión a internet (e xa non digo libre).

E, sen embargo, non o cambiaría por ningún dos actuais teléfonos e tarifas do mercado: a súa infinidade de aplicacións, a robustez do seu sistema operativo, o seu lok&feel, a súa interface user friendly e, como soe facer apple, a integración software-hardware é sinxelamente brillante.