foto de http://oembigodobecho.blogspot.com.es/
vía: http://oembigodobecho.blogspot.com.es/

Sei que hoxe é 25 de abril, e o propio sería comezar coa Grândola, Vila Morena, pero despois do acontecido nos últimos anos, e nos últimos días, os Deolinda describen mellor a situación que estamos a vivir

trans

Porque isto está mal e vai continuar,
Já é uma sorte eu poder estagiar.
Que parva que eu sou!
E fico a pensar,
Que mundo tão parvo
Que para ser escravo é preciso estudar.

Eu tamén me paro a pensar….

Se “xa é unha sorte poder ser bolseiro“, fronte aos recén coñecidos seis millóns douscentos dous mil setecentos parados (27% de paro).

Se para “ser escravo” en España é preciso estudar, e por iso a taxa de paro xuvenil é do 53% (a segunda máis alta da UE, por tras de Grecia) e a emigración á que nos está a levar sexa considerado eufemísticamente como “mobilidade exterior

E, finalmente, que “parvo que son“, xa que un reducido grupo de persoas nos quere facer crer que vivimos por riba das nosas posibilidades, e unha política que socializa as perdas para pagar os pratos rotos da especulación inmobiliaria e as malas praxes bancarias (que se están a librar de todos os males, mentres son rescatados e seguen a afogar a algúns con – por exemplo – as preferentes) nos afoga ata mermar considerablemente a clase media.

Tal día coma hoxe, no país veciño, ese ao que moitos considera(ro)n inferior, o pobo e o exército alzáronse contra o réxime para demostrar que “o povo é quem mais ordena”. Hoxe, que ben merecíamos – en moitas partes do mundo – un 25 de abril, parece 24, ou 26. Ou peor, parece un día para recordar que calquera tempo pasado foi mellor.

É o que ten un futuro inexistente; que deixas de preocuparte por el.