Por motivos académicos ando á procura de artigos relacionados sobre os social media, pero nun día coma hoxe, e revisando a Revista Latina de Comunicación Social, non podía deixar pasar a ocasión de recompilar os artigos publicados en devandita revista sobre a masacre que se cumpriu hai unha década. 

O mundo da investigación, e, sobre todo, da investigación en comunicación, non podía quedar ao marxe de dan fatídica data.

Daquelas, estaba eu na universidade, pero xa me parecera significativo que Otegui saíse facendo declaracións tan pronto, e, sobre todo, que miña irmá me mandase un sms dende Andorra contándome que os medios franceses barallaban a opción dos terroristas islámicos.

Pasaron 10 anos, pero aínda hai quen persiste na mentira e na manipulación informativa. Hoxe, é imperdoable.